lunes, 31 de marzo de 2025

LITERARIOFEST. CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA E DO DÍA DO TEATRO

 O luns 31 de marzo celebramos no salón de actos do noso cole, o I Literariofest, reunindo nun mesmo acto a conmemoración do Día da Poesía (21 de marzo) e do Día do Teatro (27 de marzo). Nós quixemos recordar desta vez un escritor galego peculiar e interesante como foi CASTELAO, xa que este ano cúmprese o 75 aniversario da súa morte. Investigando averiguamos que Castelao escribiu unha única obra teatral, OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE. Nesta obra aparece un poema que é moi coñecido na nosa terra cantado. Iso foi o que fixemos cantamos o poema titulado LELA.

Ademais en plástica utilizamos unha técnica novedosa para nós, o grabado. Fixemos un grabado coa caricatura de Castelao. Por certo, non sabedes que foi moi útil estudar a simetría en matemáticas, pois tivemos que escribir o nome ao revés na plantilla do grabado para que despois se poidese ler.

jueves, 27 de marzo de 2025

PLANTAMOS FLORES

Hoxe despois de rematar de estudar a unidade das plantas, fixemos como actividade final a plantación de flores. Esperemos que crezcan e así experimentar o que aprendimos.

 


miércoles, 26 de marzo de 2025

SEGUIMOS INVESTIGANDO ... TOCOU A FOTOGRAFÍA

 A semana pasada veu ao cole un fotógrafo de Sada que se chama Alfonso. Estivo contándonos moitas cousas sobre o seu traballo e o seu gusto polo cine e fotografía . Tamén cousas interesantes como a realización da primeira foto. 

Quedamos sorprendidos porque nos falou do STOP MOTION, algo do que tamén nos falaron na visita que fixemos ao museo MUNCYT. Quixemos probar e facer un pequeno traballo. Este foi o resultado!!!!

sábado, 22 de marzo de 2025

viernes, 14 de marzo de 2025

NOVA TÉCNICA. ACUARELA

 Hoxe na clase de Plástica iniciamos unha nova técnica: pintar con acuarela. Aproveitando que estamos estudando as flores en Naturais, estamos facendo flores coas acuarelas. Deixo aquí como vai o inicio do traballo, e a vindeira semana esperamos ter fotos dos resultados.


jueves, 13 de marzo de 2025

CHARLA DUNHA BIÓLOGA MARIÑA

 Hoxe na Biblioteca do cole, Maite unha bióloga mariña amosounos moitas cousas do seu traballo. Ensinounos moitas cousas sobre a Ría de Ares-Betanzos. Moitas gracias!! Gustounos moito!!

jueves, 6 de marzo de 2025

MULLERES NA CIENCIA PARA O 8 DE MARZO

Estamos coñecendo estes días, 9 mulleres cientificas para facer un traballo de investigación o vindeiro luns 10 de marzo no corredor do colexio. Se picades na ficha que temos para apuntes, podedes ver a presentación que elaborou a mestra de 4º. Moitas gracias Alejandra polo teu traballo!!!


Despois de ler e dialogar sobre a presentación das mulleres cientificas, anotamos información interesante para poder averiguar de que cientifica trata cada traballo do corredor.

Seguro que conseguimos todas as estrelas o vindeiro luns. Sorte!!!
Pois así foi. CONSEGUIMOS TODAS AS ESTRELAS!!! Noraboa a todos e todas. Fixéchedes un bo traballo!!

LOS ÁNGULOS

 Aquí dejo un vídeo para ver los tipos de ángulos.