Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2026

jueves, 30 de abril de 2026

PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.

 Despois de recibir en marzo a explicación de Manolo, que nos ensinou a crear unha rede, na clase intentamos facer unha rede con utensilios que tiñamos para elaborar un expositor. Os nenos e as nenas de proxecto competencial estiveron estudando faros e a poesía, así que no expositor colgamos as poesías que inventamos e unha que recollimos dun libro.

jueves, 16 de abril de 2026

PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.

 Fixámonos que hai moitos pobos que teñen nas paredes grandes murais que son todo un arte. Atopamos unha casa que tiña as mans dunha muller facendo redes. Intentamos crear posibles murais de casas que quedaron moi creativos.



jueves, 26 de marzo de 2026

PDI. COUCEIRO CALIDADE. Artesanía que nace do mar

 O 25 de marzo recibimos a visita dun mariñeiro do noso pobo, Manolo. Estivo unha sesión con nós contándonos a súa experiencia no mar ademáis de ensinarnos a CONFECIONAR  REDES.

Moitas grazas Manolo.

miércoles, 11 de febrero de 2026

PDI. ARTESÍA QUE NACE DO MAR

 Traballando no PDI decidimos disfrazarnos de REDES que están cheíñas de peixes, medusas, estrelas de mar... E xa pescamos!!


Aquí tedes un adianto de canto pescaron as nosas redes.

viernes, 23 de enero de 2026

PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA

 Atendendo ao noso PDI deste curso recibimos un artesá que amosounos como, segundo a tradición, se fan instrumentos galegos.


Pandeiro, pandeira, pandeireta (tamén vimos unha creada a partir dunha caixa de galletas), carraca, trécola, tarrañolas, pitos ... Por último, amosounos como traballar a pel de cabra para usar nos instrumentos e como facer que a madeira tome unha forma circular (con auga e calor).
Como no noso ciclo estamos investigando a Artesanía que nace do mar, chamounos a atención o uso dunha BUGUINA como instrumento de vento.

Para finalizar, creamos o noso propio instrumento: un CARRIZO que usaremos para a celebración do Día da Paz.


jueves, 8 de enero de 2026

PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA. Artesanía que nace do mar

 Outra actividade artesanal que realizamos co gallo do PDI, foi a decoración de cunchas usando unha técnica chamada decoupage.

PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA. Artesanía que nace do mar

 Polo Nadal despois das nosas investigacións sobre a artesanía que nace do mar, decidimos traballar cun elemento auga do mar. Sabemos que é auga salgada, así que usamos o SAL.

Coa axuda de xiz, coloreamos o sal e creamos uns botes que nos quedaron chulísimos.

lunes, 15 de septiembre de 2025

PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.

Hoxe recibimos unha carta de Güino.


Como vedes agora temos un novo Güino que coñeceremos cando visitemos o "Xardín do Pasatempo".

Pero o mais importante é que xa sabemos o novo PDI. Títulase "Couceiro calidade. Artesanía e tradición galega."

Aínda que se lemos ben a carta especifica claramente que imos traballar a Artesanía que nace do mar.

Imos comezar!!! O primeiro reto que nos pide Güino é decorar a porta da aula tendo en conta a nosa temática do PDI. Decirvos que na clase xa comentamos moitas ideas que iremos poñendo en práctica esta semana.

COMEZAMOS RAPAZADA!!!!