viernes, 23 de enero de 2026

PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA

 Atendendo ao noso PDI deste curso recibimos un artesá que amosounos como, segundo a tradición, se fan instrumentos galegos.


Pandeiro, pandeira, pandeireta (tamén vimos unha creada a partir dunha caixa de galletas), carraca, trécola, tarrañolas, pitos ... Por último, amosounos como traballar a pel de cabra para usar nos instrumentos e como facer que a madeira tome unha forma circular (con auga e calor).
Como no noso ciclo estamos investigando a Artesanía que nace do mar, chamounos a atención o uso dunha BUGUINA como instrumento de vento.

Para finalizar, creamos o noso propio instrumento: un CARRIZO que usaremos para a celebración do Día da Paz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario