Como remate de curso fixemos dúas saídas que foron o broche final da nosa andaina xuntos estes dous cursos.
O xoves 11 de xuño visitamos o Aquarium Finisterrae, A Torre de Hércules, a Rosa do Ventos e os Menhires alá por A Coruña.
O mércores 17 de xuño camiñamos ata a praia da Madalena en Cabanas para xogar xuntos e crear Castelos de area.
Aquí queda un pequeno vídeo onde podedes recordar estes dous días.
Agora só queda pasar un bo verán para dar comezo a unha nova etapa no colexio. Estudiade e aprendede moitas cousas, pero sobre todo, intentade ser moi felices.
Ata sempre.
Mabel.
Quérovos moito!!!





