O luns 31 de marzo celebramos no salón de actos do noso cole, o I Literariofest, reunindo nun mesmo acto a conmemoración do Día da Poesía (21 de marzo) e do Día do Teatro (27 de marzo). Nós quixemos recordar desta vez un escritor galego peculiar e interesante como foi CASTELAO, xa que este ano cúmprese o 75 aniversario da súa morte. Investigando averiguamos que Castelao escribiu unha única obra teatral, OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE. Nesta obra aparece un poema que é moi coñecido na nosa terra cantado. Iso foi o que fixemos cantamos o poema titulado LELA.
Ademais en plástica utilizamos unha técnica novedosa para nós, o grabado. Fixemos un grabado coa caricatura de Castelao. Por certo, non sabedes que foi moi útil estudar a simetría en matemáticas, pois tivemos que escribir o nome ao revés na plantilla do grabado para que despois se poidese ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario