jueves, 18 de junio de 2026

SAÍDAS DIDÁCTICAS FIN DE CURSO

 Como remate de curso fixemos dúas saídas que foron o broche final da nosa andaina xuntos estes dous cursos.

O xoves 11 de xuño visitamos o Aquarium Finisterrae, A Torre de Hércules, a Rosa do Ventos e os Menhires alá por A Coruña.

O mércores 17 de xuño camiñamos ata a praia da Madalena en Cabanas para xogar xuntos e crear Castelos de area. 

Aquí queda un pequeno vídeo onde podedes recordar estes dous días.


Agora só queda pasar un bo verán para dar comezo a unha nova etapa no colexio. Estudiade e aprendede moitas cousas, pero sobre todo, intentade ser moi felices.
Ata sempre.
Mabel. 
Quérovos moito!!!

lunes, 25 de mayo de 2026

jueves, 7 de mayo de 2026

jueves, 30 de abril de 2026

PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.

 Despois de recibir en marzo a explicación de Manolo, que nos ensinou a crear unha rede, na clase intentamos facer unha rede con utensilios que tiñamos para elaborar un expositor. Os nenos e as nenas de proxecto competencial estiveron estudando faros e a poesía, así que no expositor colgamos as poesías que inventamos e unha que recollimos dun libro.

jueves, 16 de abril de 2026

PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.

 Fixámonos que hai moitos pobos que teñen nas paredes grandes murais que son todo un arte. Atopamos unha casa que tiña as mans dunha muller facendo redes. Intentamos crear posibles murais de casas que quedaron moi creativos.