lunes, 20 de enero de 2025

APADRINAMENTO DUN PINGÜINO

 A pasada semana apadrinamos un pingüino da Antártida. Despois dunha votación decidimos chamalo Michael Jordan. Hoxe xa recibimos o diploma do apadrinamento coa foto do noso pingüino.


Con este apadrinamento comprometémonos a esforzarnos todo o posible en cuidar o planeta e así axudar ao noso pingüino no seu ciclo de vida durante moitas xeneracións.

Ademais, conoñeceremos a Antártida pois temos unha cita cos científicos e oficiais do Exército de Terra que están traballando alí. Realizaremos unha videoconferencia o vindeiro 27 de febreiro. Estamos moi espectantes a ver que nos amosan. Veremos o noso pingüino??? Xa vos contaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario