Durante o periodo de Nadal, o alumnado de 3ºA estaba moi interesado en coñecer o Ártico. Despois de falalo na aula, pensamos en visitar a Antártida. Sabemos que está no Polo Sur, pero pensamos que podería ser moi parecido e Mabel contounos que alí hai unha base do Exercito de Terra con moitos científicos. Todo parece perfecto. Se hai científicos poderemos traballalo no noso PDI deste curso!!!!
Así que, Mabel pediu unha data e .... o 27 de febreiro ás 11h. tiñamos que ter a videocámara lista para conectar. E ... o logramos!!!!! Deixamos aquí o vídeo de como foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario