jueves, 13 de marzo de 2025

CHARLA DUNHA BIÓLOGA MARIÑA

 Hoxe na Biblioteca do cole, Maite unha bióloga mariña amosounos moitas cousas do seu traballo. Ensinounos moitas cousas sobre a Ría de Ares-Betanzos. Moitas gracias!! Gustounos moito!!

jueves, 6 de marzo de 2025

MULLERES NA CIENCIA PARA O 8 DE MARZO

Estamos coñecendo estes días, 9 mulleres cientificas para facer un traballo de investigación o vindeiro luns 10 de marzo no corredor do colexio. Se picades na ficha que temos para apuntes, podedes ver a presentación que elaborou a mestra de 4º. Moitas gracias Alejandra polo teu traballo!!!


Despois de ler e dialogar sobre a presentación das mulleres cientificas, anotamos información interesante para poder averiguar de que cientifica trata cada traballo do corredor.

Seguro que conseguimos todas as estrelas o vindeiro luns. Sorte!!!
Pois así foi. CONSEGUIMOS TODAS AS ESTRELAS!!! Noraboa a todos e todas. Fixéchedes un bo traballo!!

viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025

 Este curso e seguindo a temática do PDI "Mergúllate na ciencia" decidiuse que nos disfrazaríamos de virus. Gracias ao bo tempo, poidemos facer un desfile polo pobo. Quedou moi colorido e precioso!!!




VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

 Durante o periodo de Nadal, o alumnado de 3ºA estaba moi interesado en coñecer o Ártico. Despois de falalo na aula, pensamos en visitar a Antártida. Sabemos que está no Polo Sur, pero pensamos que podería ser moi parecido e Mabel contounos que alí hai unha base do Exercito de Terra con moitos científicos. Todo parece perfecto. Se hai científicos poderemos traballalo no noso PDI deste curso!!!!

Así que, Mabel pediu unha data e .... o 27 de febreiro ás 11h. tiñamos que ter a videocámara lista para conectar. E ... o logramos!!!!! Deixamos aquí o vídeo de como foi.


  

Aaah, deixo aquí as viñetas sobre pingüinos.

viernes, 21 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe na celebración do Día de Rosalía De Castro baixamos a nosa maceta á entrada do centro onde había un mural coa poesía que recitamos na Radio Falangueira.


Tamén escoitamos música e outros postcads coa poesía da nosa escritora mais universal.